Permisos de queimas

Teléfonos e endrezos de interese para as solicitudes de queimas.

PERMISOS DE QUEIMAS, USOS DO LUME E INCENDIOS FORESTAIS

 

SOLICITUDES E PERMISOS 

O enderezo electrónico para poder solicitar o permiso de queimas en internet é o seguinte:

http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/forestal/queimas/

Pódense tramitar, ademais, no teléfono 902 112 000 ou nas oficinas da Consellería de Medio Rural ( Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, delegacións provinciais, distritos forestais )

– O prazo para facer a queima é de 7 días desde que se concede o permiso.

– Recoller a autorización na oficina que che indiquen e levala sempre contigo

– No caso das comunicacións, anotar o número da notificación da queima.

TIPOS DE QUEIMAS

 Queimas de restos agrícolas amoreados e forestais.

Están totalmente prohibidas nas épocas de perigo alto de incendio e só se farán cando non haxa outro xeito de eliminar estes restos.

As queimas de restos agrícolas precisan comunicación e as queimas de restos forestais, autorización da Consellería de Medio Rural.

Queimas controladas

Son aquelas realizadas para o control do mato como medida preventiva.

Precisan da presenza de técnicos autorizados e dos servizos de extinción de incendios.

 Consellos para as queimas

– Non facer as queimas se vai vento

– Realizar as queimas durante o día, rematalas 2 horas antes do solpor e interrompelas no caso de levantarse o vento.

– Facer unha devasa perimetral de polo menos cinco metros

– Ter controlada a zona que se vai queimar.

– Non facer nunca as queimas só.

– Vixiar que o lume quede ben apagado.

– Levar sempre o DNI, o teléfono móbil e o número da comunicación ou copia da autorización.

  PARA DAR ALARMA DE INCENDIO FORESTAL

 Chama ó número 085

 Se a liña estivese ocupada pódese chamar ó 112

 Para dar alarma de actividade incendiaria chamar á Garda Civil ó teléfono 062

Poñemos aquí a información adicional de contacto para as solicitudes. Recordamos que á dereita da páxina tedes o enlace á páxina da Xunta de Galicia onde teredes cumprida información sobre os trámites que deberedes seguir á hora de solicitar os permisos.

En caso de que querades información telefónica, poñemos ao voso dispor os teléfonos de contacto:

Teléfono do Centro de Información ao Agro Galego (CIAG):
012
Servizo de Montes de Pontevedra:

R/ Benito Corbal, 47

36071  PONTEVEDRA

Teléfono: 986 805 411

Share and Enjoy:
  • Print
  • Digg
  • StumbleUpon
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Yahoo! Buzz
  • Twitter
  • Google Bookmarks