Premios Daravelo

Os “Premios Agradecemento Daravelo” véñense dando a distintas entidades e personaxes do noso entorno que entendemos que desempeñan ou desempeñaron unha actividade importante, non sempre recoñecida, en beneficio da colectividade […]


Os “Premios Agradecemento Daravelo” véñense dando a distintas entidades e personaxes do noso entorno que entendemos que desempeñan ou desempeñaron unha actividade importante, non sempre recoñecida, en beneficio da colectividade veciñal na que están instalados.

Por iso, máis que un premio de grande prestixio, pretende ser un humilde recoñecemento da aportación persoal dos agasallados á nosa parroquia, en actividades cotiás e singulares, nun calado saber facer e saber estar, con esa xenerosidade que honra ós que foron premiados.

Estamos agora pola décima edición destes premios e queremos amosarvos quen foron polo de agora merecedores deste sinxelo homenaxe. Por suposto que hai moitos máis que poderían ocupar este listado e ter sido xa nomeados premios Daravelo, pero hai que ir pouco a pouco e nese camiño andamos…

Coa concesión do premio Daravelo, dende a nosa asociación queremos recoñecer e destacar a traxectoria social e os logros daqueles que  dalgún xeito fixeron a súa achega á comunidade. Logros que van dende a loita pola supresión da peaxe de Rande, ata o labor solidario da Escola María Soliño, pasando polo recoñecemento ao mundo das artes e as letras.

A Continuación tedes a relación de premiados:

PREMIOS AGRADECEMENTO DARAVELO:

  • 2000: Asociación de Veciños Daravelo de Darbo.
  • 2001: Don Bernardino Graña. Poeta.
  • 2002: Dona Carmen Avendaño. Presidenta de “Érguete”.
  • 2003: Don Xosé Santos, “Pepe Poeta”.
  • 2004: Don Eugenio Santos Sequeiros. Médico.
  • 2005: Don Manuel Coya. Escultor.
  • 2006: Don Eduardo Mallo. Sacerdote.
  • 2007: Don Manuel Méndez. Profesor.
  • 2008: Don Manuel Vilariño. Impresor.
  • 2009: Don José María Pérez Santoro. Fotógrafo.
  • 2010: Dona Mª Antonieta Herrero Ameijeiras, Neneta.Fundadora da escola “María Soliña” na India.
  • 2011: Don Rosendo Díaz-Peterson. Escritor e catedrático universitario.
Share and Enjoy:
  • Print
  • Digg
  • StumbleUpon
  • del.icio.us
  • Facebook
  • Yahoo! Buzz
  • Twitter
  • Google Bookmarks